
Aínda que de xeito menos intenso que na costa, a borrasca Claudia tamén se está a deixar sentir en zonas de Valdeorras. De feito, na mañá deste xoves 13 de novembro caía unha árbore na estrada OU-636 entre A Pobra de Trives e A Rúa.
Concretamente, preto de Larouco, nun terreo sobre a estrada que permanecía puntualmente cortada mentres os técnicos de Conservación de Estradas procedían á súa retirada.