EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Arcos (Vilamartín) celebrará a súa IX Festa Coveira o 12 de xullo a partir das 20h.

Participantes na anterior edición da Festa Coveira de Arcos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Festa Coveira de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), que conxuga gastronomía con celebración e etnografía, o vindeiro 12 de xullo a súa novena edición. A festa comezará a partir das 20h. e as súas entradas terán un prezo de 18 euros na venda anticipada (en Cafetería Makoki, A Horta de Fina e Mar e Bar Chevalier no Barco) e de 20 euros o mesmo 12 de xullo en taquilla.

Coa entrada, cada participante recibirá unha cunca conmemorativa coa que poderá percorrer estas fermosas construcións soterradas, pero tamén degustar brancos e tintos e unha gran variedade de petiscos e doces. Non faltará tampouco a tradicional pancetada.

A ruta tamén está aberta ao público infantil e para el haberá refrescos. O evento terá un aforo limitado a 1.000 persoas. A música é outro ingrediente esencial e, desta volta, contarase con Charanga Mekánika, Os Parrandas e Dj Isra. A continuación, farase a procesión de Don Godellín.

O remate da celebración será tamén musical e virá da man de Dj Tariro na praza da festa.

Esta Festa Coveira estará organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos coa colaboración do Concello de Vilamartín.

 

Back to top button