
A Asociación de Veciños San Lourenzo de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) vén de dar a coñecer o programa de actos das súas festas patronais. Son na honra de San Lourenzo e terá lugar os días 9 e 10 de agosto, con propostas infantís e tamén moita música, ademais da tradicional procesión e misa.
Así os actos previstos para o día 9 de agosto serán os seguintes:
– Festa da espuma ás 18:30 horas.
– Sesión de tarde e verbena a cargo do Grupo La Conexion – Golden Tour.
10 de agosto:
– Pasarrúas con gaiteiros.
– Procesión e misa solemne na honra de San Lorenzo a partires das 12:30 horas.
– Xogos para os máis pequenos da casa a partir das 18:00 horas.
– Sesión de tarde e verbena a cargo da Orquesta Panama Band.
– Nun descanso da orquesta na sesión de tarde, sorteo de dous grandes premios entre os posuidores de rifas.