As chamas do inicendio iniciado días atrás en Seadur-Larouco tamén se estenden pola Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). En concreto, nestas imaxes tomadas arredor das cinco desta tarde pode verse a situación por baixo dos Penedos de Oulego onde estaban a loitar contra o lume mozos da zona, persoal do Concello e tamén efectivos do Servizo de Extinción da Junta de Castilla y León, entre eles, dous helicópteros, ademais doutros efectivos.
Agora o lume parece reavivarse e, segundo nos din, podería encamiñarse, se non hai cambios, cara Robledo da Lastra.
Fotos e vídeos: Pablo Prada.

