
Na mañá deste sábado 29 de novembro, un tramo da autovía A-52 permanecía cortada á circulación ao seu paso por Vila de Rei, en Trasmiras, entre os quilómetros 173 e 181, en sentido Vigo, logo do incendio dun camión que transportaba motores.

“O lume foi extinguido, sen que se rexistrasen persoas feridas”, aseguran dende o 112 Galicia que recibía o aviso preto das 05 horas, “a través da chamada dun particular que alertou da presenza do vehículo en chamas”. Tras a comunicación, informaban do ocorrido aos Bombeiros de Xinzo e de Verín xunto cos axentes da Garda Civil.


“Aínda que o incendio do camión está xa apagado e parte dos equipos de emerxencia deron por finalizada a súa intervención, a A-52 continúa cortada ao tráfico por mantemento no tramo afectado” aseguran dende o 112. Espérase que a vía poida ser reaberta ao público a media tarde, segundo informa a Garda Civil.
Fotos e vídeo: Garda Civil.