OurenseÚltima hora

Arde un autobús, que transportaba a 63 pasaxeiros, en Cea sen que haxa danos persoais

 

Esta tarde, arredor das 17:55h, cortábase ao tráfico na AG-53, no punto quilométrico 65 sentido crecente, no termo municipal de Piñor de Cea, debido á que un autobús que circulaba, con 63 pasaxeiros, comezaba a arder. Algo do que percataban os vehículos que ían detrás del, que vían fume e alertaban aos servizos de emerxencias. Os avisos doutros vehículos tamén fixeron que o autobús se detivera, xa que o condutor non se decatara se continuaba a marcha alleo ao que estaba sucedendo, segundo as primeiras informacións, e os pasaxeiros baixaron.

 

 

Detivo o vehículo pouco despois, no punto quilométrico 73 crecente, pero o lume empezaba a ser intenso. A circulación quedou bloqueda en sentido Ourense e os axentes da Garda Civil de Tráfico prepararon unha alternativa para o paso de vehículos. Ademais, o lume pasou a zona de monte, polo que, desde o 112 Galicia, tamén se avisou aos efectivos do Distrito Forestal.

“Do incendio no autocar ocupáronse os Bombeiros do Carballiño, aínda que o vehículo ardeu por completo.A pasaxe atopábase ben e agardou á chegada nun novo autobús para seguir o seu destino. Cómpre sinalar que o vehículo cubría a ruta entre Santiago e Valladoliz e levaba 63 persoas a bordo”, segundo informa o 112 Galicia.

Os voluntarios de Protección Civil da localidade tamén colaboraron neste operativo.

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button