ConcellosÚltima horaVilamartín

Arde un camión e outros dous vehículos resultan afectados nun incendio en Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Na mañá deste xoves 23 de abril, un lume derruía un camión e afectaba a dous vehículos no municipio de Vilamartín de Valdeorras, aínda que afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, tal como indican dende o 112 Galicia.

Dende o servizo de emerxencias explican que o incendio iniciouse no exterior dunha nave situada en Arcos. “Ardeu un camión por completo e dous vehículos tamén resultaron afectados, tal como indicaron os Bombeiros de Valdeorras tras dar por extinguido o lume”.

Tamén explican que “era un particular quen, ao fío das seis e media desta mañá, contactou co 112 Galicia para informar dun lume na parte de atrás dun taller, sen poder precisar o que ardía”. De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros e do GES de Valdeorras.

 

 

“Así mesmo, foron informados os axentes da Garda Civil, o persoal do distrito forestal provincial, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Ademais, por precaución, tamén foron avisados o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, indican.

Finalmente e tras dúas horas de traballo, os Bombeiros comunicaron a extinción do lume. “Ardeu un camión na súa totalidade véndose afectada pola alta temperatura unha furgoneta e un coche”, conclúen dende o 112.

Fotos cedidas.

Back to top button