A MezquitaConcellosÚltima hora

Arde un camión que transportaba unha formigoneira na Mezquita

 

Esta tarde rexistrábase o incendio dun vehículo na autoavía A-52 ao seu paso polo municipio da Mezquita, segundo informa o 112 Galicia. Un camión que transportaba unha formigoneira ardía no punto quilométrico 113, á altura da Canda, en sentido a Vigo. O condutor do vehículo resultou ileso.

“Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume afectou tanto ao camión como á súa carga e, tamén, calcinou unha zona de monte”, tal e como indica esta entidade. Acto seguido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita e do servizo de mantemento da vía de circulación. Ademais, tamén se pasou o aviso ao Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais.

Artigos relacionados

Back to top button