OurenseÚltima hora

Arde un vehículo na autovía A-52, nas proximidades da saída a Allariz

 

Sobre as 15:15 horas un turismo comezaba a arder no km 207 da autovía A-52, próximo á saída de Allariz. O vehículo achábase ocupado por dous adultos que resultaron ilesos.

Para atender este suceso eran mobilizados os Bombeiros de Xinzo de Limia, mantemento da autovía e unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense que regulou e canalizou o tráfico cara ao carril esquerdo.

Posteriormente, desde o distrito forestal 12, socilitábase apoio para refrescar a zona do noiro próxima ao lugar do incendio, permanecendo a patrulla as proximidades para a sinalización e creación dun espazo seguro en apoio aos bombeiros forestais.

 

Back to top button