CarballedaConcellosÚltima hora

Arde unha casa en Pusmazán, Carballeda de Valdeorras

 

Na madrugada deste venres 4 de agosto producíase un incendio no concello de Carballeda de Valdeorras que arrasaba por completo unha casa, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que “a persoa que vivía na casa, que non se atopaba no punto no momento do incendio, tivo que ser atendida á súa chegada e finalmente trasladada ao hospital”.

O 112 Galicia tiña constancia deste incendio minutos despois da unha. Segundo indicaban os informantes ardía unha casa en Pusmazán que  “acabou calcinada por completo, e os servizos de extinción traballaron para evitar que pasara á vivenda do lado”, explican.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os Bombeiros e o GES de Valdeorras.

Back to top button