Contra as dez da mañá deste 5 de xaneiro o aviso dun incendio nunha casa da localidade de Viloira (O Barco) mobilizaba aos servizos de emerxencias. En concreto é un inmoble situado á beira da estrada que vai cara Santigoso,
Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, a Policía Local (que procedía a cortar o acceso á estrada dende a zona da praza de Viloira) e os bombeiros do parque comarcal. Tamén se achegaba ata alí o alcalde do Barco.

Malia ao numeroso fume que podía observarse tamén dende O Barco, non hai que lamenter danos persoais, pero si hai afectación material, segundo informaban os servizos de emerxencia.
Fotos: O SIL.

