ontra as 20 horas deste martes 28 de xullo producíase un incendio nunha palleira en San Xusto, no concello de Carballeda de Valdeorras, afortunadamente sen danos persoais.
Ata o lugar desprazábanse varios de medios de emerxencias: GES Valdeorras con sede no Barco, Bombeiros do parque comarcal con sede na Rúa, Garda Civil e axentes do Medio Rural.
Dende o 112 Galicia indicaban que no interior almacenábase “unha importante cantidade de leña e na zona había varias vivendas con risco de verse afectadas”. Finalmente, “ardía o galpón por completo, derrubándose o tellado”, confirman.

Fotos e vídeo cedidos.