ConcellosTrivesÚltima hora

Arde unha vivenda habitada no municipio da Pobra de Trives

 

Na noite do sábado 7 de febreiro ardía unha vivenda por completo na Pobra de Trives, segundo informan dende o 112 Galicia, puntualizando que “tras doce horas de traballo, os equipos de emerxencias lograron apagar o incendio, que xa arrasou a vivenda e ameazou ás lindeiras”.

Pasadas as 23 horas, unha chamada ao 112 Galicia alertaba sobre un incendio nunha casa situada no lugar do Castro. “Os ocupantes estaban fóra no momento de producirse o lume, aínda que se trata dunha vivenda habitada e pegada a outras que tamén estiveron en risco”, indican dende o centro de emerxencias, explicando que “agora, o incendio está apagado, aínda que permanecerán algúns equipos para continuar arrefriando”. Segundo explicaron os bombeiros, “producíronse reproducións constantes, que dificultaron as tarefas”. Ademais, a presenza de neve nas vías “tampoco contribuíu a que os recursos de emerxencias tivesen fácil o acceso. Con todo, a situación conseguiuse controlar e os medios dan por extinguido o incendio”, destacan dende o 112.

No operarivo interviñeron os Bombeiros de Valdeorras; voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río, os membros do GES de Castro Caldelas; e os efectivos do distrito forestal da zona. “Tamén contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil”, engaden dende o 112 explicando que o balance do incendio é “unha casa completamente calcinada e colapsada, xa que se produciu o derrubamento do tellado. Pola contra, as vivendas lindeiras están a salvo”.

Back to top button