SanidadeÚltima hora

Aroa, primeira bebé ourensá do 2025

 

Ás 01:42h. desta madrugada nacía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense o primeiro bebé ourensán do ano 2025. Trátase dunha nena, Aroa, filla de Raquel e Alejandro. A meniña pesaba ao necer 3,060 quilos.

E, pouco antes das badaladas que marcaban o cambio de ano, nacía Sarela, a última bebé nada no 2024, filla de Montserrat e Santiago, e que pesaba 2,115 quilos.

No Hospital de Valdeorras e no de Verín non se rexistraron, polo de agora, nacementos neste novo ano 2025.

 

A nai última bebé do ano./ Cedida.

 

 

Back to top button