DeportesÚltima hora

Arqueiros de toda Galicia danse cita na Rúa na 2ª tirada do campionato de tiro de campo

 

Dende as dez da mañá deste sábado 30 de maio, está en marcha a 2ª tirada do campionato galego de tiro de campo, na zona do Aguillón na Rúa.

Na competición participan un total de 31 arqueiros de diferentes clubs galegos, principalmente da provincia de Pontevedra pero tamén hai xente de Ponteceso, de Pantón e de Valdeorras, cun representante do Club ArcoBarco (Andrés) e outro de Águilas Verdes (Luis).

 

 

A proba, organizada polo Club Arqueiros do Sil, conta con 24 postos (12 con distancia coñecida dun mínimo de 5 ata un máximo de 60 e me outros tantos con distancia descoñecida) con dianas de diferentes tamaños dende 20 ata 80. Tal como explica a presidenta do club rués Cristina Delgado, trátrase dunha competición na que os arqueiros distribúense por patrullas de catro normalmente, en función da modalidade (neste caso arco espido, longbow, tradicional e composto), que tiran de dous en dous “despois van á diana a puntuar pero teñen soberanía, non dependen da decisión dos xuíces que neste caso están como meros orientadores, son os propios arqueiros os que se teñen que poñer dacordo”.

 

 

As finais serán despois da comida e a entrega de premios arredor das cinco e media, tal como indica Cristina, destacando que os premios son feitos polo club en pizarra cedida por Andrés Fernández e gravados a láser. Tamén contan coa colaboración da Federación Galega de Tiro con Arco, do Concello da Rúa e de Protección Civil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button