
A D.O. Valdeorras da por iniciada hoxe, xoves 21 de agosto, a campaña de vendima 2025, unha colleita que será difícil de esquecer dada a situación de lume que asola nestes días a comarca. Neses incendios tamén se vía afectado viñedo en diversos municipios amparados pola denominación
Na mesma data e coa mesma adega do ano pasado, Valdesil, comezou Valdeorras a campaña de vendima deste ano. Os traballos iniciábanse cedo esta mañá na viña As Chas Vieja, en Portela de Vilamartín.
A primeira uva en recolectar foi a godello, “rigurosamente seleccionada” para elaborar un viño tostado, que require unha coidada selección de acios que teñen que permanecer colgados nunha sala habilitada da nosa adega durante varios meses”. Así o explicou Raúl Prada, cuarta xeración da familia Prada-Gayoso, propietarios de Valdesil.
Mañá continuará a vendima nesta adega, coa recolección desta mesma variedade de uva para elaborar viño godello.

Evaluación de danos polos incendios
Os técnicos do Consello Regulador están “valorando a situación” despois do paso por Valdeorras, do lume máis grande de Galicia. Para un deles, Santiago Pérez, “ata a semana pasada tiñamos uns valores semellantes aos do ano pasado, cando a colleita foi excepcional e batimos récord de kilos de uva recollidos” e se calificou a calidade e a saúde da uva como “excelente”, explicou.
Tras a onda de incendios que están desvantando a comarca de Valdeorras, provocando unha catástrofe sen precedentes no campo, o equipo técnico do Consello Regulador mantense prudente e di que “aínda é cedo”, mentres se analizan os viñedos sobre o terreo para ver ata qué punto vai a afectar o desastre vivido, á cantidade de uvas que se poden recolectar.
Ademais, destacou o técnico do Consello Regulador, “é importante sinalar que as viñas foron as heroínas que actuaron como cortalumes naturais en moitas partes, salvando moitas das casas dos pobos nas que están prantadas”. Insistiu en que “levan moitos anos convivindo con nós e protexéndonos, son o noso patrimonio”.
80 anos de DO
Por outra banda, esta vendima será a do 80º aniversario da posta en marcha da Denominación de Orixe Valdeorras. Oito décadas de traballo amparando as variedades autóctonas de Galicia, as que lle dan identidade propia e unha calidade única aos brancos e tintos do territorio, entre os que destaca o godello, un viño rescatado do esquecemento nesta comarca e que alcanza o seu maior nivel de excelencia nesta denominación de orixe.