
Durante esta semana a brigada de obras municipal de Viana do Bolo procedía a arranxar unha fonte de augas sulfurosas con propiedades mediciñais na localidade de Bembibre (Viana do Bolo).
“Son pequenas obras, pero que tamén son importantes para manter as nosas aldeas en boas condicións”, asegura o alcalde vianés, Germán García-Ávila.