Segundo o previsto, ás seis da tarde deste sábado 22 de novembro, arrincaba diante do Hospital Público Valdeorras a manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria reactivada hai pouco máis dun mes en defensa da sanidade pública.
Durante o percorrido pola estrada principal do Barco ata Viloira, os asistentes berraban con pancartas e panfletos na man, por unha “sanidade pública e de calidade”, por unha “Atención Primaria que resposte” e polo “recoñecemento completo do noso distrito sanitario”, entres outras consignas.

“A nosa saúde non se negocia”, aseguran ao berro de “sanidade pública”.

Fotos e vídeo: O SIL.