Entre as actividades incluídas no XI ViBoMask Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso figuraba un mercado de artesanía e gastronomía, o ViBoMarket que na xornada do domingo se instalaba nas zonas próximas á praza Maior de Vilariño de Conso.
Dende embutidos, pasando por mel e produtos vencellados coas abellas, ademais de diversos obxectos de decoración e artesanía podían atoparse e adquirirse neste mercadiño que aposta por poñer en valor os produtos e aos creadores da zona.
Fotos: Carlos G. Hervella.
