EconomíaEconomíaÚltima hora

Artesanía e produtos locais de calidade, no mercadiño do XI Festival ViBoMask en Viana

 

Entre as propostas incluídas no programa do XI Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask figura o ViBoMarket, un mercadiño de artesáns e produtores locais que abría as súas portas a partir das 10h. na praza Maior de Viana do Bolo e na súa contorna.

Dende meles, queixos, marmeladas, doces ou licores, pasando por diferentes obxectos de artesanía (en cerámica, madeira, coiro…) podían mercarse nesta mostra que aposta por poñer en valor os produtos locais.

Fotos: A.R.

Back to top button