CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

As acrobacias, o ritmo e a música de Tchyminiguagua percorren o paseo do Malecón, no Barco

 

Fundada a mediados dos anos 80 en Bogotá (Colombia), a Fundación Teatral Tchyminigagua persegue “traballo, coñecemento e identidade”, elaborando unha linguaxe teatral “para vivir e compartir unha misión cultural, social e política”.

Un equipo humano estable formado no seo do grupo encárgase de producir as súas creacións, integrando profesionais da escritura, a dirección, a interpretación, as acrobacias, a danza ou a música que fortalecen a técnica teatral Tchyminigagua: “Forza, ritmo e enerxía, unha linguaxe acrobático, teatral e circense propio”.

 

 

O seu labor artístico e o seu traballo pola memoria desde o compromiso político fíxolles gañarse o recoñecemento internacional e, con máis de 3.000 funcións que combinan acrobacia teatral, danza e música do folclore colombiano, recalaban na tarde deste venres 12 de setembro no Barco de Valdeorras, no marco das Festas do Cristo 2025, percorrendo o paseo do Malecón co seu circo de rúa co que fan partícipe ao público.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Back to top button