Un dos momentos máis esperados polos devotos de San Antón é a procesión que cada 13 de xuño percorre Fontei, no concello da Rúa, antes da solemne eucaristía. Ás 12:30 deste sábado e baixo un sol e un sofocante calor que auguraban treboada, saía da igrexa parroquial a imaxe do venerado santo, seguida polo párroco, Daniel Pérez Quintela, a charanga Nova Trives e multitude de fegreses. Diante coma sempre as mulleres coas roscas casamenteiras que posteriormente ofrecían ao santo sendo vendecidas antes da súa venda na praza.




Tralo percorrido por unha parte de Fontei, baixando ata a rúa Progreso e subindo de novo ata a igrexa, tiña lugar a santa misa cantada pola charanga que remataba coa interpretación, por parte dos veciños, do “Himno de Fontei a San Antonio”. Á saída da misa a charanga amenizaba tamén a sesión vermú.
Pola tarde, continúa a festa coa Orquestra Saudade cun pase de tarde as partir das 21 horas e tamén verbena. Durante a festa do sábado realizarase o esperado sorteo dun premio de 500 € en metálico.
O broche ás festas chegará mañá, domingo 14 de xuño. A actividade musical arrincará cara ás 13:30 horas coa última sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra que porá tamén son á tarde-noite.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.
