Non fallan. Fieis á cita co Xoves de Comadres, as amas de casa do Barco de Valdeorras celebraban na tardiña deste 12 de febreiro unha animada e doce merenda cea.
Algunhas disfrazadas e outroas non, pero todas con ganas de festa, as mulleres degustaban un rico menú de Entroido elaborado pola directiva, con carne de porco (lacón e orella cocidos) no que non faltaban os doces caseiros. Dende as tradicionais orellas e torrexas ata bombóns de chocolate.


Fotos: Mónica G. Bellver.