ConcellosÚltima horaVídeosVilariño de Conso

As campás de San Vicente (Vilamartín) soan en sinal de loito e reivindicación polos lumes

 

As campás da capela e da igrexa de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) soaban neste mediodía de 16 de setembro. A través do seu son lembrábase a traxedia vivida nesta localidade hai xustamente un mes, cando se tocaban para avisar do perigo e da proximidade das chamas, que devastaban esta aldea e a súa contorna.

 

 

Hoxe a veciñanza utilizaba este toque, tanto na igrexa de San Vicente como na capela do barrio dos Chelos, cun tono de loito e reivindicativo para lembrar o vivido e pedir que non abandone o rural e que o sucedido non se volva a repetir, lembrando ao mesmo tempo como igrexas doutras localidades tanto de Valdeorras como de comarcas próximas tamén eran afectadas polos lumes.

 

 

“Ante a proximidade do incendio, o único recurso que tivemos foi tocar as campás”, din os veciños de San Vicente de Leira, lamentando a total ausencia de medios para poder frear o lume.

Imaxes e vídeo: Carlos G. Hervella.

Vídeo dos Chelos cedido.

 

 

Back to top button