CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

As cantigas medievais galego-portuguesas soan en Xagoaza (O Barco) da man do trío “Treides comigo Alén”

 

As cantigas de diferentes trovadores da lírica medieval galego-portuguesa e dos Camiños de Santiago (dos séculos XII a XIV), pero cunha abordaxe actual, soaban no Mosteiro de Xagoaza (O Barco) na tarde deste venres 11 de xullo. Neste emblático lugar, cheo de historia, actuaba o trío de Xoán Curiel, “Treides comigo Alén”, do que tamén forma parte a cantante e poeta Iris Gey, residente en Valdeorras.

 

 

Esta actuación formaba parte do XIII Ciclo “De Perto. A palabra contada, cantada e rimada”, promovido pola Concellería de Cultura do Barco. De feito era a edil de Cultura barquense, Margarida Pizcueta, quen presentaba ao grupo.

 

 

Durante o espectáculo o público asistente podía descubrir curiosidades sobre os autores das cantigas medievais, a tipoloxía e as lendas que as alimentan.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Back to top button