EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

As catas, degustadas e debuxadas, un dos éxitos do SilFest Valdeorras no seu X aniversario

 

As catas son un éxito asegurado en calquera programación e esta X edición do SilFest Valdeorras non é unha excepción coas prazas cubertas en cada unha (e hai catro) a pesar da intensa calor.

 

 

Só na mañá deste sábado 4 de xuño celebrábanse dúas. Unha con “Viños do nacente” dirixida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández; e outra en torno ás viñetas coa sumiller Mercedes González.

 

 

A primeira foi unha cata ao uso, con petiscos; mentres que a segunda, con viños da Adega Blare de Vilanova (godello e garnacha tintureira) foi especial, mesturando a degustación co debuxo (cada participante tiña que deixar plasmado o que lles inspiraba os viños ou o festival en si), comezando coa historia da adega e os seus viños en forma de conto, e facendo un simil entre as viñetas, o comic e a banda deseñada, e os diferentes momentos e sensacións que se viven ao beber un viño.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver e cedidos.

Back to top button