
As clases de preparación ao parto que reciben as mulleres durante o embarazo en Valdeorras retomaranse o vindeiro venres, tal e como vén de anunciar a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Esta formación, que se interrompera durante o verán, retomouse en outubro pero volveu pararse.
Dende a Asociación De Nai a Nai do Barco pedíase a súa recuperación por considerar que se trata dunha “prestación incluída na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde (Real decreto 1030/2006), que contempla a preparación ao parto, o fomento da lactación materna e a prevención da incontinencia urinaria. Non é, polo tanto, unha actividade accesoria, senón parte da atención que debe recibir a muller durante o embarazo”.