Co desfile de comparsas dende a rúa Venezuela ata a praza da Estación celebraba o CarnaVrao 2025 o acto central da festa organizada pola Asociación Sociocultural San Cristóbal.
Unha vez máis era a Baturruka de Monforte a que abría o percorrido pasadas as oito da tarde, seguida de preto polas comparsas participantes: Fantasía CarnaVrao, Dioses del desmadre, Arde Trangallada, Desembarco en Ibiza, SuperBowl Valdeorresa, Hakuna Matata, Tribu Arcoiris, Troula da Rúa e Sexy and 6. Todos con bonitos disfraces e orixinais coreografías seguidas de preto polo numeroso público que enchía as rúas da vila. No Concello, o xurado controlaba atento para puntuar a cada unha.
Coma sempre, membros de Protección Civil abrían e pechaban o desfile coordinando o tráfico nesta iniciativa llevada a cabo por veciños da Rúa para “facer pobo” e dinamizar a vila con actividades como a recuperación das Festas de San Cristóbal, entre outras.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.