Á beira dos Maios, tanto enxebres como tradicionais que presiden dende as 11:30h. deste 1 de maio a praza do Príncipe do Barco, soaban a partir das 13h. os versos, aderezados nalgúns casos de reivindicación e sempre con certo humor, das coplas. Eran interpretados, acompañados por diversos instrumentos (dende guitarras e palitroques, pasando por frautas, pandeiretas e mesmo acordeóns) polo alumnado dos CEIPs, Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo e tamén do Colexio Divina Pastora.
Numeroso público seguía estas actuacións, que tiña como escenario as escaleiras da igrexa de Santa Rita.
Esta tarde darase a coñecer os premios, tanto do concurso de Maios, como do de coplas a partir das 19h. na entrega de premios.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.