CulturaCulturaÚltima hora

As curiosas pezas que se teñen ido incorporando ao recuncho tecnolóxico do Museo Etnográfico de Quiroga

 

O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga conta na actualidade cunha colección composta por algo máis de 1.600 referencias relacionados cos produtos típicos: viño, aceite, mel e castaña; materiais indispensables para a vida ao longo do tempo: madeira, pedra, ferro e tecidos; ademais están presentes a agricultura e a gandería, a lareira e a escola tradicional.

Dende hai anos incorporouse á colección do Museo Etnográfico de Quiroga a imprenta do emblemático establecemento El Derroche, con todos os seus accesorios e mobiliario.

Co paso do tempo a Revolución Industrial foi chegando a áreas máis illadas e afastadas das cidades e á súa contorna de influencia. O verdadeiro rural foi incorporando, aínda que con anos retraso, as novas tecnoloxías que facilitaban determinados traballos.

 

 

Aproveitando o espazo más tecnolóxico que se xerou ao incorporar a imprenta, agora incorpóranse á colección do museo varias curiosidades que seguiron chegando ata nós grazas á colaboración das veciñas e veciños do territorio.

Neste recuncho tecnolóxicoo pódense atopar pezas tan curiosas coma as seguintes:

-Aceiteira antiga ou engraxadora industrial manual de pico largo, marca Norte: Utilizábase en talleres mecánicos, fábricas, ferrocarrís ou barcos para lubricar pezas de maquinaria pesada. Posúe un pico longo e estreito que permitía chegar a zonas profundas, engrenaxes internas ou puntos de difícil acceso sen derramar o líquido. O seu corpo adoita ser de ferro ou chapa metálica cun deseño ovalado. Conta cunha asa traseira para suxeitala e cunha abertura superior (ou tapón) que servía para encher o depósito de aceite.
A presenza da marca serve para coñecer que a aceiteira era da Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España, que no 1.941 pasou a denominarse RENFE, polo tanto esta ferramenta foi fabricada entre 1.900 e 1.941.

 

 

-Torno de reloxeiro antigo, unha ferramenta de alta precisión utilizada principalmente durante o século XIX e principios do século XX para fabricar e reparar pezas diminutas de reloxaría ou xoiería.

-Pechadora de latas manual antiga fabricada pola emblemática marca Somme de Bilbao. A empresa vasca JK Somme foi fundada en 1905 e converteuse nun referente mundial na fabricación de maquinaria para a industria conserveira.

Na antiga forxa tamén se ven de incorporar un soplete antigo de gasolina ou queroseno, fabricado en latón, cobre e ferro. O modelo específico do MEQ correspóndese cun clásico soplete sueco da prestixiosa marca Max Sievert (Estocolmo), que data de mediados do século XX.

Fotos cedidas.

 

Back to top button