A VeigaConcellosÚltima hora

As dúas casas niño da Veiga reciben a visita do director xeral de Familia

 

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, visitaba esta mañá as casas niño da Veiga, onde puxo en valor a importancia destes servizo de conciliación para as familias con nenos de 0 a 3 anos. Neste sentido, puntualizou que as dúas casas niño da Veiga ofrecen atención a dez nenos de xeito totalmente gratuíto para as súas familias.

Jacobo Rey lembrou que estes centros comezaron a funcionar no ano 2016 para dotar de servizos de conciliación aos municipios do rural sen escola infantil. Desde este ano, chegouse ao centenar de centros por toda Galicia que poñen a disposición dos galegos máis de 500 prazas de atención para a primeira infancia.

O director xeral tamén fixo fincapé na aposta do Goberno galego por esta etapa de 0 a 3 anos a través da gratuidade das escolas infantís de Galicia. Máis de 32.000 familias se benefician desta importante medida pioneira a nivel estatal e que permite un aforro de 3.000 euros ao ano por neno. Unha medida á que a Xunta destina 60 millóns de euros cada curso.

 

 

 

Back to top button