ConcellosÚltima horaVídeos

As empresas do oriente ourensán premiadas na gala da CEO, en vídeos

Resultaban distinguidas Grafitos Barco, a Cooperativa Amarelante de Manzaneda e Grupo Rural Manager do Castiñeiro (Río)

 

Dos seis galardóns que se outorgaban esta tarde na Gala das Empresas Ourensás da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) correspondíanlle a empresas da parte oriental da provincia. Así Grafitos Barco S.A. recibía o Premio á Empresa Familiar, que recollía Gabino Méndez Revuelta; ademais Amarelante Sociedade Cooperativa Galega de Manzaneda era galardoada como “Empresa Sostible”, disitnción que recollía a súa secretaria Luz Ocampo; e Grupo Rural Manager S.L., con sede en Castiñeiro (San Xoán de Río) o de “Empresa Innovadora”, que se lle entregaba a Juan Carlos Pérez.

Cada un deses momentos aparecen recollidos nos seguintes vídeos realizados polo Periódico O SIL, que seguía esta gala celebrada en Ourense.

“É unha honra e un orgullo recibir este recoñecemento”, dicía, en nome da súa familia, Gabino Méndez de Grafitos Barco, agradecendo premio. Ademais facía unha emotiva lembranza aos seus pais “eles foron e son a nosa guía nos bos e malos momentos”. Ademais explicaba que nestes momentos a empresa está nun momento de transición “da segunda á terceira xeración, e vemos que dende os avós aos netos, a empresa mantense”.

 

 

“Algúns chamáronnos emprendedores e creo que fomos un pouco tolas e inconscientes, pero o caso é que non lle tivemos nenos e botámonos para adiante. Nós cooperativistas e nunha zona de alta montaña no rural de Ourense e do sector da castaña”, dicía Luz Ocampo da Cooperativa Amarelante de Manzaneda, tras recibir o galardón. Ademais reivindicaba os produtos de proximidade e o comercio local.

 

 

Pola súa banda, o representante do Grupo Rural Manager SL, con sede no Castiñeiro (Río), e explicaba que o propósito desta empresa “é que os pobos non desapareceran”. Lembraba que a súa aldea estivo pechada durante dez anos e agora ten 7 persoas censadas.

 

 

Vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button