EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As entradas da VI Velada dos Sentidos de Godeval, na que actuará Martirio, á venda

 

Dende o 15 de maio están á venda ás entradas para a VI Velada dos Sentidos, que promove Godeval o vindeiro 28 de xuño. Así o facía público esta adega con sede en Xagoza (O Barco) a través da súa páxina web e das súas redes sociais.

Ademais anunciaba que a artista convidada nesta edición será Martirio “e con ela compartiremos unha velada inesquecible acompañada dos nosos viños e augardentes no formato cóctel.

As entradas poden adquirise a través da web de Godeval, tamén na propia adega en Xagoaza e nos establecementos do Barco: Ton e Son música e Estética Pamen.

“Este ano a entrada custa 70 euros pero nela xa se inclúe a cea, o concerto e 3 copas de viño da marca Godeval. Só hai á venda 100 entradas”, explica Godeval.

 

Back to top button