
Despois da XXIV Festa do Botelo do Barco que reunía a preto de 1.300 persoas no pavillón municipal de Calabagueiros, Valdeorras prepárase para outra multitudinaria festa gastronómica, desta volta na Rúa.
O sábado 31 de xaneiro celebrarase a XVII Festa do Codillo no pavillón municipal Vitorino Núñez, no Aguillón rués. Para iso, o Concello porá á venda 1.050 entradas a 30 euros.
A venda farase o vidneiro domingo, 25 de xaneiro, no Centro Cultural Avenida. A apertura de portas para coller número será ás 7 da mañá e a venda comezará ás 9 horas, cun máximo de 10 entradas por persoa.