
En Rubiá están a ultimar os preparativos para a segunda edición da Festa da Matanza que se celebrará o domingo 7 de decembro na praza do Concello.
Será a partir das 14 horas nunha carpa climatizada e, igual que o ano pasado, o menú estará formado por un cocido completo de matanza e o prezo da entrada será de 20 euros para adultos e 10 para menores de 5 anos. Con cada entrada os asistentes participarán no sorteo de tres lotes de produtos de matanza.
A venda de entradas está aberta ata o 30 de novembro en Librería Teresita, Súper Trastos e Farmacia Rubiá.
