EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As entradas para a X Ruta das Bodegas de Petín estarán á venda ata o 21 de agosto

Viño, petiscos e música. Parece que foi onte cando empezou e Petín prepárase para a acoller xa a décima edición da súa Ruta de Bodegas, prevista para o sábado 29 de agosto a partir das oito da tarde aproximadamente ao longo da rúa Santiago, zona de adegas da vila. Ao rematar, coma sempre, haberá Dj na praza para seguir a festa ata que o corpo aguante.

O custe da entrada é de 15 euros e poden mercarse en horario de 9 a 14 horas no Concello de Petín ata este venres 21 de agosto.

 

Back to top button