CulturaCulturaÚltima hora

As entradas para participar no Samaín da Rúa Vella estarán á venda ata o 30 de outubro en “O Colmado”

Samaín na Rúa Vella o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Asociación Sabugueiro está metida de cheo na organización do Samaín da Rúa Vella, unha das súas actividades estrela, para nenos e mozos.

Será o vindeiro 1 de novembro cun percorrido polas rúas do pobo cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. O punto de encontro será o atrio da igrexa de Santo Estevo e para conseguilo, os participantes deberán seguir o mapa elaborado pola organización “e ter coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”.

O Samaín infantil será de 17:30 a 18 horas; e o xuvenil (12 anos como idade mínima para ir só) de 19:15 a 20 horas con lanterna.

 

 

A duración do percorrido é dunhas dúas horas e entre as normas para os participantes, está seguir as indicacións de Protección Civil e organización e levar a pulseira visible, estando prohibido tocar aos personaxes terrorífico.

As entradas (10 euros) están á venda na tenda “O Colmado” ata o día 30 de outubro.

 

 

Back to top button