EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

As Ermidas (O Bolo), un dos lugares protagonistas da nova campaña de Turismo de Galicia

 

“¿E se calidade fose un lugar?” Con esta pregunta aberta ao espertador desprégase a nova campaña promocional de Turismo de Galicia de forma que sexa cada persoa a que complete a rsposta coa súa propia experiencia. No seu vídeo promocional inclúense imaxes de diferentes partes da comunidade, entre elas o Santuario das Ermidas (O Bolo) e a paisaxe da Ribeira Sacra, entre as provincias de Lugo e Ourense.

“E é así como Galicia se revela nesta campaña turística non só como un destino de excelencia, senón como un lugar no que a calidade transcende as palabras e convértese en vivencia”, destacan dende a Axencia de Turismo de Galicia.

 

 

A campaña, que se lanzou o día 29 de setembro diríxese ao mercado nacional e manterase activa ata mediados de novembro. Poderá verse en máis de 100 medios de comunicación. En televisións xeneralistas, temáticas e autonómicas, con máis de 1000 insercións. En prensa, roldarán as 150 tanto en diarios nacionais e galegos e en radio emitiranse máis de 500 cuñas.

Tamén é unha campaña de ámbito dixital, en medios especializados e revistas de viaxes sumando máis de 45 millóns de impresións en España. A todo iso súmase a presenza da campaña en revistas do sector turístico e suplementos dominicais, así como nas rúas de distintas cidades de España en mercados estratéxicos. “Con todo este traballo estimamos que poderemos chegar ao 84% da poboación española”, indica Turismo de Galicia.

Back to top button