“Son Lines da Silva. Da casa de Silva, nunha aldea pequena que se chama Sobrado”. Así comezaba o relato desta contadora de Lîla Teatro que se presentaba na 14ª edición do ciclo “De Perto” con “Estremonías da Silva”, na tardiña do 21 de xullo nos Xardíns da Casa Grande Viloira (O Barco).
Tras explicar as diferentes acepcións e significados da palabra “silva”, que vai ligada ao seu nome, a narradora ía propoñendo unha serie de contos relacionados coa súa aldea e de certo carácter “estrafalario”.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.
