
A localidade de Vilanova (O Barco) ten xa todo preparado para as súas festas, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de agosto en honra á Virxe da Asunción e de San Roque. O seu programa comezará o 14 de agosto, cunha cea popular na praza de Vilanova e, ao rematar, haberá un DJ.
Ademais, ao día seguinte, 15 de agosto está prevista a misa e procesión coas imaxes, ás 12:00 horas. A celebración continuará pola tarde e coa verbena coa orquestra “Alma Latina”.
Novamente, o 16 de agosto haberá misa e procesión ás 11:00 horas. E, xa pola tarde, festa cun DJ e paella para todos os asistentes.
Dende a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova animan a asistir a esta celebración “e desexamos que gocedes dunhas festas populares moi animadas”.
