A solidariedade valdeorresa vai camiño de Valencia. Dende potitos para bebés e pañais, pasando por todo tipo de alimentos non perecedoiros, auga, produtos de limpeza e desinfectantes, ata mantas ou mesmo rastrillos. É a carga de material de primeira necesidade coa que partían pouco antes das nove da noite deste 4 de novembro dende O Barco tres furgonetas valdeorresas.
Ese numero material é o resultado dunha recollida solidaria para axudar aos damnificados pola DANA na Comunidade Valenciana que iniciaban o 1 de novembro dous establecementos de hostalaría barquenses, Café Teatro Bajo 5 e Las Recetas de la Abuela, e á que respondían masivamente numerosas empresas valdeorresas, veciños, entidades deportivas, residencias de maiores, etc.
Logo de varios días preparando e organizando o material, esta tarde cargábase en tres furgonetas que agora xa van nunha viaxe solidaria rumbo á Comunidade Valenciana conducidas por voluntarios. O reunido levarase ata o pavillón polideportivo El Quint de Mislata para ser entregado a persoal que se está encargando de coordinar as doazóns.
Fotos: O SIL.