DeportesÚltima hora

As “futuras estrelas” do vólei galego citaranse no Barco o 1 de marzo

A primeira proba da Copa Alevín de voleibol celebrarase o 1 de marzo ao Barco de Valdeorras, nunha xornada que reunirá aos máis pequenos e pequenas de toda Galicia e promete “deporte, aprendizaxe e convivencia arredor desta disciplina”.

A proba celebrarase no pavillón municipal de Calabagueiros, grazas á colaboración do Concello, da Deputación de Ourense e do CV San Martiño e CV Ourense, cuxo apoio “resulta fundamental para seguir impulsando o vólei base e ofrecer novas oportunidades de participación ás categorías inferiores”, aseguran dende a federación galega.

 

 

Para a inscrición dos equipos, que terá un límite máximo de 5 equipos por club, sempre e cando conten cun mínimo de 4 integrantes e un máximo de 10 xogadores, os clubs deberán enviar o formulario G11 a través do correo correo@volei.gal.

O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 23 de febreiro ás 20 horas, quedando o límite de inscrición de equipos para o martes 24 ás 20 horas.

 

Back to top button