
O Concello do Barco vén de iniciar a colocación das luces e adornos de Nadal nos núcleos rurais, esta mesma semana. Un total de 110 estruturas decorativas serán colocadas polos operarios do Concello nos vindeiros días, para ter todo listo á chegada das festas, tal e como indica o Concello.
Coedo, Santurxo e Millarouso foron as primeiras parroquias do municipio do Barco que recibiron – e xa teñen colocados – os motivos que anuncian o Nadal. Así tamén lucirán nos demais puntos rurais, ata cubrir un total de 36 programados.
Entre o material que se está a colocar para o adorno das rúas e prazas, atópanse 11 arcos de Boas Festas, 10 arcos “Infiniti”, 25 guirnaldas (azuis, douradas e brancas), 18 copos de neve, 2 árbores luminosas para colgar (feitas no Concello), 1 árbore grande (que se colocará na rotonda do LIDL), 1 árbore grande na Praza do Concello, 1 estrela grande (feita polo Obradoiro de Emprego), 4 motivos de estrela grande, 4 motivos de estrela pequena, 4 motivos en forma de bola, 2 teitos de luz de 30 metros cada un, 2 estrelas dobres azuis, 2 estrelas dobres brancas, 2 estrelas dobres vermellas e 3 arcos de estrelas.