ConcellosEn portadaEntroido 2025Galerías de fotosManzanedaÚltima horaVídeos

As Mázcaras reinan en Manzaneda no Martes de Entroido

 

A ritmo de fulión e entre danzas de Mázcaras vivía o Martes de Entroido Manzaneda. A vila recibía a visita dos fulións do municipio e doutros veciños nun desfile que comezaba ás 11:30h. e que abría o Fulión de San Martiño. Soaban as chocas, bombos, aixadas, cornas e gadañas mentres as Mázcaras iniciaban as súas fermosas danzas.

 

 

 

Iniciaba un percorrido pola vila con paradas en certos puntos como a residencia da terceira idade e a zona vella, onde eran agasallados con bebidas e comida. Ademais no desfile participaban os fulións A Caniceira (Trives), Os Labregos (Trives), o Fulión da Mourela p’acá (Manzaneda), o Fulión de Sobrado (Trives), O Fiadeiro (Trives), A Lardeira (Trives), a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso e, pechando xa a comitiva, o Fulión de Langullo-Parroquia de Cesuris (Manzaneda).

 

 

Durante o desfile, o Concello de Manzaneda contaba coa colaboración das agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, Larouco, O Bolo, A Rúa, Petín, O Barco, Trives, San Xoán de Río e Viana do Bolo.

 

Fotos: A.R.

 

Back to top button