ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

As motos toman A Pobra de Trives no XX aniversario da concentración Os Esquíos

 

Por todo o alto e cunha elevada participación. Así están a celebrar o XX aniversario da Concentración Mototurística Os Esquíos de Trives que se desenvolve nesta fin de semana, con 400 inscritos provintes de diferentes partes de España.

 

 

O programa, que inclúe xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, premios, unha ruta de bengalas e actuacións musicais, abríase na tarde do venres día 11 de xullo coa apertura de inscricións e a festa de benvida coa tradicional chourizada con sangría e a actuación de Cruel World na rúa San Martín, xa preto da medianoite.

 

 

A xornada deste sábado día 12 inclúe a ruta turístico-gastronómica pola mañá e ao volver a Trives a barítima co tradicional “porco ao espeto” e a música das Macizas Centrais pola vila. E xa a partires das 23 horas comezará a ruta de bengalas seguida da actuación de Malditos Pendejos.

 

 

A concentración rematará mañá, domingo día 14 de xullo, cunha nova ruta mototurística polas fermosas paraxes das Terras de Trives con pinchada para os inscritos, seguida do xantar coa entrega de premios que pechará esta multitudinaria e especial concentración.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button