A RúaConcellosEn portadaEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaVídeos

As mulleres toman A Rúa nunha festiva, colorida e animada Noite de Comadres

 

De ratóns nas trampas, de trogloditas, de exipcias, de notas musicais, de deusas Nike, de caveiras e  ata reivindicativas… As comadres da Rúa non fallan e na noite do xoves 12 de febreiro volveron brillar con luz propia con orixinais e elaborados disfraces, coidadas coreografías e moitas ganas de diversión.

 

 

Coma sempre a primeira parada era nos bares e rúas da vila, poñendo en escena o ensaiado (O Retorno, O 4, Esconditte Inglés,…) e despois no Casino da Rúa e noutros locales como o Esconditte que tamén daba cea, centos de mulleres desfrutaron da súa noite logo de deixar voar a imaxinación.

 

 

Entre copas, comida, bailes e moita música, A Rúa vivíu por todo a alto a súa Noite de Comadres.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button