EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

As novas axudas para o sector comercial, presentadas no Barco polo director xeral de Comercio

Unhas 30 persoas participaban nun almorzo informativo, no que tamén estaba unha interiorista profesional, para dar a coñecer estas subvencións,

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebraba a primeira hora desta mañá deste 16 de outubro unha almorzo informativo centrado nas novas axudas existentes para este sector. A iniciativa tiña unha gran acollida e reunía a uns 30 comerciantes. “O obxectivo do acto é presentar e explicar de primeira man aos comerciantes asociados as novas liñas de axudas e subvencións destinadas á modernización, deseño e reforma dos locais comerciais, así como coñecer a realidade e proxectos do comercio de proximidade da nosa vila”, en palabras do presidente desta asociación, Jacobo Arias.

 

 

 

O acto contaba coa presenza do director xeral de Comercio, Gabriel Alén, quen explicaba as novas convocatorias  ás que os comerciantes poden acollerse para realizar reformas, actuacións de deseño de interiores e modernización dos seus locais comerciais, detallando información sobre as mesmas e tamén achegando material entre os responsables dos establecementos.

 

 

Tamén estará nesta sesión, que se desenvolvía no Bar A Fonte da vila do Barco, a interiorista profesional María Cabanelas. Despois da xornada, os asistenten compartían un almorzo no que podían plantexar e resolver as súas dúbidas de forma personalizada.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Back to top button