ConcellosRubiáÚltima hora

As obras da rúa terra do Souto, en Rubiá, chegan a súa fase final

 

Nestes días estanse a rematar as obras de acondicionamento da rúa Terra do Souto e de espazos públicos nesta contorna do municipio de Rubiá, cun orzamento de 245.500€ (o 70% financiado a través do Plan Hurbe da Xunta e o 30% restante aportado polo Concello). Esta actuación enmárcase no Plan Hurbe (da Consellería de Vivenda), a través do convenio asinado pola Administración autonómica e este concello.

O ámbito de intervención localízase na rúa Terra do Souto, na parroquia de Santa Mariña de Rubiá, na contorna de edificios públicos como o colexio público Virxe do Camiño, o pavillón polideportivo, un parque infantil, as edificacións municipais destinadas a almacén e as dúas antigas vivendas dos mestres agora rehabilitadas como vivendas municipais.

Este proxecto no lugar de Rubiá pretende contribuír á seguridade dos veciños, mediante o saneamento da infraestrutura urbana e a execución de beirarrúas na zona vella da localidade. Ditas actuacións compleméntanse coa instalación de barreiras protectoras.

Fotos cedidas.

 

Back to top button