CulturaCulturaÚltima hora

As obras do artista valdeorrés Chere, na regata Soltaire du Figaro Paprec

Son táboas do proxecto "O que contan as madeiras do mar" e poden verse en Vigo no village desta regata, inaugurado este 21 de maio

 

A arte valdeorresa está presente na prestixiosa regata Solitaire du Figaro Papre, que saía hai dous días de Perros-Guirec, na regata francesa cuns 40 participantes e que recalará en Vigo. Neste 21 de maio inaugurábase na dársena de Portocultura da cidade a village da regata, que inclúe unha exposición con temática mariña da que forma parte o artista barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, que amosa obras do seu proxecto “O que contan as madeiras do mar”, xunto con gravados da artista de Bueu Susana Ferradás da serie “De pel salgada”.

 

 

Este mediodía os barcos da regata xa chegaban a Vigo, adiantando o previsto grazas ás boas condicións meteorolóxicas.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button