EconomíaEconomíaÚltima hora

As oportunidades e beneficios dos mercados de bonos carbono, nunha webinar internacional o 20 de novembro

Será impartido por Roselyn Kristen Ruiz, consultora internacional especializada en descarbonización, sustentabilidade e mercados de carbono que participaba na Feira de Economía Social de San Xoán de Río

 

“Monetiza descarbonizando: coñece os beneficios dos mercados de bonos de carbono”. É o título do webinar que se celebrará este xoves, 20 de novembro ás 17:00 horas (CET). Trátase dunha formación en liña aberta a todas as persoas que desexen introducirse nun dos sectores con maior crecemento na economía verde.

O webinar será impartido desde Latinoamérica por Roselyn Kristen Ruiz, consultora internacional especializada en descarbonización, sustentabilidade e mercados de carbono. A relatora conta con ampla experiencia acompañando organizacións públicas, privadas e comunitarias na posta en marcha de proxectos de redución e compensación de emisións, así como na certificación de créditos de carbono e na súa monetización.

Roselyn visitou recentemente Galicia, onde participou durante tres días na Feira de Economía Social e Innovación Rural Social Tech, celebrada en San Xoán de Río. Alí coñeceu o ecosistema rural galego e colaborou con iniciativas sociais e emprendedoras presentes no encontro.

 

 

 

Durante a webinar analizaranse cuestións clave como:

– Que son os bonos de carbono e como funcionan os seus mercados.
– Métodos para certificar proxectos ambientais e transformalos en créditos comercializables.
– Oportunidades reais para concellos, comunidades rurais, emprendedores e entidades sociais.
– Exemplos prácticos e primeiros pasos para iniciar iniciativas con impacto climático medible.

A participación nesta sesión é totalmente aberta e gratuíta e as persoas interesadas poden conectarse a través da seguinte ligazón:

🕔 20 nov 2025 – 17:00 h (Madrid)

🔗 Ligazón de Zoom:
https://us04web.zoom.us/j/75831164077?pwd=DbbBSLl43nXc0q6fkq4hyAa0wPdGxx.1

ID de reunión: 758 3116 4077
Código de acceso: ip6wb4

Back to top button